a MIÑA CLASE

Foto da escola a miña clase

A escola anda en boca de todos; os que afirman que os nenos “teñen que ir a escola” en realidade eu reformularía a cousa e diría que os adultos precisan que nenas e nenos vaian a escola,

Cada vez aparecen máis movementos que defenden o contrario; nomes como  homeschooling que co meu inglés de Duolingo, entendo como a escola na casa, e dentro destes pois hai quen leva a escola á casa, e segue máis ou menos o sistema e programa das aulas pero no domicilio, os que non interveñen defensores do libre albedrío e os que interveñen, axudando, facilitando, acompañando, dun xeito non directivo para conseguir que as criaturas desenvolvan todos os seus potenciais. Neste último grupo estaría Yvonne Laborda Sanz, que defende que se fosemos quen de criar unha xeneración dun xeito máis amoroso e respetuoso, a sociedade sería tamén máis amorosa e respectuosa. Comparto esta teoría con ela, porque me gusta, e porque sería maravilloso acadar un mundo máis amable, amoroso, menos competitivo.

Eu non son moi defensora da escola do xeito que está organizada, un lote de horas nenos sentados, eu lembro esta inmobilidade como un  fastío enorme,  precisaba movemento, seguramente hoxendía me calficarían como hiperactiva. Un dos argumentos que teñen os defensores da escola, é a socialización de nenas e nenos, é un argumento certamente de pouco peso, porque a socialización prodúcese en calquera outro sitio; parques, xardíns, etc. De feito eu coñezo unha nena que non vai a escola é que sen embargo fai amistades con moita facilidade, e gústalle moito  trabar conversación coa xente, e tamén coñezo un neno que vai a escola e o que non lle gusta nada falar con descoñecidos, e mesmo por veces amosase desconfiado. Así que o da socialización como que non.

Reflexionando sobre estas cousas apareciu esta foto (apareciu na miña mente, e tiven que remexer un lote de caixóns para atopala) se eu defendera dalgún xeito a escola sería por esta foto. Nesta foto está a miña clase o completo, quizais a clase dos dez os 14 anos, esta clase en concreto; nin a da etapa anterior, nin a da posterior no instituto. Esta clase formaba un grupo unido, respetuoso, divertido, cunha gran complicidade entre  as persoas que o compoñían.  De todas e todos os que saímos aquí non me lembro de ter o máis mínimo problema de con ninguén. Si esta clase, os anos que eu formei parte desta clase, foron sen dúbida o mellor da escola, o único punto ó seu favor, coñecer estas persoas.

Mostrar comentarios