Paula Carballeira.

Premio nacional de literatura dramàtica 2023

Onte tivemos un marabilloso regalo, un gozo inesperado, ou se cadra poida que sexan dous; primeiro, o de coñecer en persoa  esta muller, logo de tela visto moito nos medios ultimamente por ter acadado o premio antedito, pero o bocado mellor, o máis saboroso, produciuse cando nos sorprendeu e engaiolou cun pequeno relato fantástico, ou ata de medo o poderiamos calificar.

A súa maneira de moverse de expresarse coas mans, coa cara, con seu corpo todo. O uso da súa voz, as tonalidades empregadas na narración,... en fin, desistimos, non somos quen de poder tramitirvos con palabras todo o que esta muller nos fixo  sentir e gozar, o mellor que podedes facer e ila escoitar que seguro a podedes atopar en algures.

Non adoitamos ler teatro, moi pouco, case se podería dicir que nada, bueno creo lembrar que hai un lote de anos limos algo de don Ramón del Valle-Inclán e para de contar.

Isto vai cambiar, estivemos mirando as publicacións desta nosa afamada autora e seica  o premio que vén de recibir foi por esta súa obra "alumnas" que  vin por aí que anda estreándose por toda Galicia". Imos comezar por esta mesmo, e xa vos hei  contar.

Martina Carracedo

Mostrar comentarios