Desvelamos os misterios

As que onte vos pasastes por aquí, xa sabades de que vai, e as que non invítovos a ler a publicación.

O primeiro enigma que me tiña intrigada foi resolto polo sangue do meu sangue. Efectivamente cristina ese era o nome do refreso que eu tiña atascado na gorxa e non se quería manifestar; Bitter-kas. Mimá o que custou!

O outro misterio sen resolver, era o contido desa taza que eu afirmaba se dúbida ningunha que non era viño.

Antes de desvelar a solución imos falar desta muller que na procura da escea da taza con contido descoñecido, descubrín a  súa identidade. Chámase  Filomena Gigante, actriz portuguesa que nesta película ten un papel curtiño pero moi moi profundo, e moi ben interpretado.

A foto non nos achega a solución, así que andei a procurar no FB a directora desta película marabillosa que vos recomendo que vexades; Jaione Camborda, e atopeina axiña e  fixenlle a consulta e .. Sorpresa!! Respostou axiña. Velaí o que nos di:

«Ola, no cine nunca poñemos alcohol de verdade xa que repetimos moito as escenas e serían un desastre.

Normalmente utilizamos mosto tinto para aparentar viño tinto. Moi no ollo»

Demos as gracias a Jaione pola súa amabilidade e seica  nin cola, nin café, que foi así de primeiras o que me pasou a min pola cabeza, pero dende logo non era viño. O mosto non é viño propiamente, podemos dicir que é viño "en potencia" . Serao se lle dan tempo e un trato axeitado.

Boa noite xente. Ide ver O Corno, de verdade que vos vai impresionar.

Martina Carracedo

21/11/2023

😜
Mostrar comentarios