A andar apréndese andando

Por analoxía, supoño que, a escribir se aprende escribindo. Eu levoo facendo dende hai un lote de anos, #escribir digo  e supoño que algo deprendín, mais hoxe quixen dar un paso máis e acabo de recibir a primeira parte dun curso de escritura que merquei.

Sempre fun moi reacia a este tipo de aprendizaxe, por máis que na miña páxina do FB me aparecen un lote destes cursos. Eu escribo dun xeito completamente anárquico, sen nengún método ou previsión e moito menos constancia. Escribo por rachas, teño temporadas que o fago dun xeito compulsivo e outras nas que non me chama e descanso da escritura. Claro esto vai ben mentres que os relatos son curtos e non adquiren un amplo número de páxinas, unha certa embergadura, porque cando isto acontece a cousa empeza a se complicar, e non queda máis que facer un esquema, escaleta seica se chama, para cando vas no capítulo X non te contradecir con algo que dixeches non III, xa me entendedes.

Escoitei que Antonio Gala, escribe a man en cadernos e case sen facer correccións, supoño que é quen de reter na súa mente todo o entramado da Pasión turca ou do Manuscrito carmesí.

Non é o noso caso, logo, imos coller este curso con cariño e desfacernos desa idea preconcebida e sen fundameanto nengún de que non me vai servir para nada.

Todas as #artes, por máis talento que haxa, precisan dunha técnica que cómpre aprender, a escritura non é unha excepción.

Este vai ser un gran paso na carreira de Martina Carracedo

Mostrar comentarios