A infidelidade dos calcetíns & quero ser libre

Non cabe dúbida ningunha, os calcetíns renegan dunha relación para toda a vida, diso de “ata que a morte nos separe” neste caso sería ata que alquen os tire no caldeiro do lixo, ou nun contedor de roupa. Sempre cun xemergo ó seu carón, un día e outro día, todos os días. Non, isto non pode ser.

Así que, facendo unha declaración de liberdade,  fixéronse artistas do extravío, magos da desaparición incluso, de xeito que se esfuman sin deixar pegadas.

Se a ti non che pasa, por favor non deixes de compartilo aquí con nosoutras, porque moita xente que coñezo laiase deste mesmo problema, que non é pequeno.

Por veces pensamos que debe ser a lavadora, que ten dentro de seu algunha especie de oco negro que os absorbe e os traslada a xalundes, sen posilidade de retorno, vivindo, acaso, unha vida paralela, esperemos que grata.

Outras veces, como o anterior semella moi rebuscado, pensamos que cando se tenden pois…,xa sabes… se o tendal está no exterior, algún vento brincadeiro se encarga de levalos lonxe, moi lonxe, se van a secadora culpámola das mesmas artimañas que antes lle atribuíamos á lavadora.

E ata pode acontecer, xa ó borde da desesperación, que mires con sospeita a todos as persoas que conviven contigo, pensando que algunha se adica a este xogo, que non deixa de causar inconvenientes gravísimos. Ese día temido chegou e non tes dous calcetíns que emparellen, non val dar voltas no caixón adicado a súa garda é custodia, todos están desaparellados.

E…. despois duns minutos de cabreo, fustración a túa mente ilumínase cunha idea que, vaites!”, como non se che tiña ocorrido antes?. Pois poño un de cada cor, mesmo de formas distintas, e de grosores e gramaxes divervas. Eureka!!!

A veces cústanos  un mundo chegar ás  conclusións máis sinxelas.

Martina Carracedo

Mostrar comentarios