Se tes ou tiveches unha nai marabillosa, non leas esto

Velaí outro día de... dos que non me gustan nin unha chisca e por motivos diversos: primeiro por se converter en días de auténtico consumo, e de propagar mentiras e mitos sobre a marabillosa bondade das nais (sen excepción).

Escribo esto para ti que non te identificas para nada con toda esa cousa empalagosa que anda por toda parte, para ti que te sentes mal, pero que malia todo has comprar un reagalo para túa nai e hasllo entregar co desexo, sempre ata agora incumplico, de que no seu rostro se debuxe un sorriso de agradadecemento e que vos fundades nunha aperta verdadeira.

Pero unha vez máis isto non vai suceder en lugar de sorriso toparaste cunha moca e cun comentario que estará rondando o desprezo e sentiraste fatal un ano máis, e farás plans de que nunca máis lle vas regalar nada pero non serás quen de cumplilo, porque, resulta que as fillas si que queren as nais incondicionalmente aínda que sexan maltratadas por elas, é así, en moitos moitísimos casos.

Por distancia non é fácil, anque eu diría que imprescindible se queres chegar a ser a mellor versión de ti mesma  soltar amarras, e sentirte un pouco máis libre e máis feliz, que ven sendo o que todas as persoas nunha grande maioría desexamos.

Afástate o que poidas deste circo e de toda esa, como diría Mafalda, mamitis que se respira no ambiente e procura ser ditosa.

O meu primeiro libro "A nai que me pariu"  igual che pode axudar:

www.leer.la/B07YYFHPSG

Martina Carracedo

Mostrar comentarios