Aprender a amar aínda que non fósemos dabondo amadas.

Vou escribir algo hoxe, rompendo esta especie de retiro voluntario, porque se concatenaron un par de acontecementos, ou novas, ou cousas que pasan.... pois iso, que me apeteceu compartirvos.

Unha delas, e non a primeira na sucesión temporal, foi atoparme con este libro na procura de algo para ler. Seguramente o lin hai xa uns anos cando eu andaba neso; na pescuda do que fora a miña verdadeira infancia, pero hoxe quedei impactada coa capa porque o título, o subtítulo e non sei como se debe chamar ese pequeno parágrafo que aparece no fondo: «Un libro para aprender a #amar, incluso si no hemos sido lo suficientemente amados».

Pola páxina corenta atopamos isto: «En términos sociales, será muy difícil que podamos madurar colectivamente si no estamos dispuestos a madurar de forma individual por medio de reconocer que alguna vez tendremos que asumir las discapacidades con las que hemos crecido e intentar repararlas, pues nos daremos cuenta de que si anhelamos un mundo más amable, tendremos que poner todos nuestros recursos y nuestra inteligencia emocional al servicio del amor al prójimo. Sobre todo tendremos que aprender a amar a los #niños, si los tenemos. Sin embargo, esto no es un acto de voluntad, sino que tendrá que ser un proceso de apertura de conciencia» (Gutman, Laura (2016) Qué nos sucedio cuando eramos niños y que hicimos con ello).

Supoño que xa vos decatariades de que a palabra #amor aparece en varias ocasións, e  aquí vén a coincidencia. Resulta que nun grupo de whatsapp que teño enviaron unha ligazón (https://www.publico.es/publico-tv/publico-al-dia/programa/1061831/el-ejemplo-de-jacinda-ardern-como-se-para-el-discurso-de-odio) onde @Lucila Rodríguez-Alarcón nos sorprende con estas verbas:

«Necesitamos nuevas #historias de éxito y #comunidad, historias de amor. Pero no estoy hablando de amor ñoño y romántico. Estoy hablando del amor entendido como un acto político consciente. El amor reivindicado desde el procomún. El amor como parte de la construcción de una #sociedad que puede ser aquella de los #derechos y la #paz que dejamos atrás, y la #utopía de un mundo con un #bienestar colectivo que queremos construir».

O 21 de maio do 2021 eu compartía con todas vosoutras este texto que concorda tanto con Laura Gutman coma con  Lucila Rodríguez Alarcón.

«“La #civilización empezará el día en que el #bienestar del #ReciénNacido prevalezca sobre cualquier otra consideración”
A frase é de Reich (https://gl.wikipedia.org/wiki/Wilhelm_Reich), e igual merece a pena probar porque este mundo está moi pero que moi mal e por veces dá moito medo. A min dáme moito medo, e custa moito manter o #optimismo e a #esperanza.

Inmersos nesta #pandemia que nos tocou vivir, por veces esquecemos outras pandemias que están matando á #humanidade. Inda xente coma min que non vemos televisión e lemos, así cando nos cadra, catro diarios dixitais topamos con esa pingueira vergollenta do #asasinato de mulleres por parellas ou exparellas ou a p...

Nestes días, tamén nos chegan,  esas imaxes de dolor, de padecemento de toda esa xente que está chegando a Ceuta, rompen...ía dicir a alma, pero como non creo nela, vou dicir que nos removen as tripas,  que nos remexen o estómago e que nos deixan, dalgún xeito noqueadas.  Hai algunha xente que non lle conmoven nada, quero pensar que esta xente tivo moi pouquiño cariño, coidado, atención na súa infancia e por iso lles falta un mínimo de #empatía, unha chisca de sensibilidade diante da dor allea.

Poñámonos a traballar cada un do xeito que poida, coas nosas posibilidades, cos nosos medios, cadaquén coas súas forzas; moitas ou poucas. Sexamos máis amables máis respectuosos coas criaturas da nosa vida, e con toda a xente coa que nos relacionemos, e tamén, dende logo, co entorno que nos envolve; a natureza.

Aprendamos a respectar todo o que teñamos ó noso arredor; persoas, animais e aínda cousas. Martina Carracedo,20/05/2021».

A miña conclusión de todo isto é que cando en milleiros de cancións (acaso sexan millóns), en innumerables poesías e libros de todo tipo, aparece a palabra amor, hai un erro de concepto, ou mellor sería dicir de destinatarias, ese amor incondicional, de entrega total, prodúcese (ou debería) no que Casilda Rodrigañez define como a díada:
«La verdadera pareja no es la heterosexual adulta, sino la pareja simbiótica, la díada madre-criatura en donde empieza y se desarrolla toda vida humana, masculina y femenina» (podedes ver o texto completo aquí: https://sites.google.com/site/casildarodriganez/por-un-feminismo-de-la-recuperación-marzo-2010).

A vosoutras que vos parece?

Martina Carracedo

Mostrar comentarios