Señoras das letras: Inma Antonio Souto, Uxía Casal e Luisa Villalta
Estas son as señoras das letras dos tres últimos anos e eran as que nos quedaban por nomear aquí neste noso curruncho que ven sendo esta páxina.
Dicir que a primeira é unha auténtica descoñecida para min, e decidín non adicarlle unha publicación concreta por seren ela máis destacada no mundo do teatro que no da literatura.
Un libro titulado "Vidas exemplares" de Uxía Casal, señora das letras no 2021, anda por algún lugar da nosa anárquica biblioteca, e lembro que se trataba de varios relatos dos que gocei no seu momento e que rememoro cunha sensación agradable.
E destoutra última Luisa Villalta, tamén un descoñecemento profundo, e mira que para morrer nova demáis a súa obra e variada e abondosa.
Velaquí o que di a wikipendia:
"Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega.
Licenciada en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu como profesora de lingua e literatura galegas no IES Isaac Díaz Pardo de Sada. Titulada superior en violín, formou parte da Orquestra de Santiago de Compostela desde 1985 e, máis tarde, da Xove Orquestra de Galicia, así como de diversos grupos de cámara galegos. Escribiu poesía, relatos e teatro.
Desenvolveu unha intensa actividade cultural: deu seminarios, recitais de poesía e palestras, entre outros. Colaborou en varias publicacións, entre elas, Man Común, A Nosa Terra, Festa da Palabra Silenciada, Tempos Novos, Grial, Luzes de Galiza, Agália, Boletín Galego de Literatura, A Trabe de Ouro, Enclave ou Página abierta.[4] Participou en entidades como a AELG, o Foro da Cultura Galega ou A Mesa pola Normalización Lingüística.[5]
En 2018 a súa familia cedeu os seus fondos documentais ao Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.[6]
Deixo aquí un fragmento dun poema seu "estudo das sombras" que podedes ler enteiro entrando na Biblioteca virtual galega:
«E pasa a verdade baixo estrelas cambiantes.
Farase tarde, co frío da tarde e a morte do frío.
Virán equivocadas xeracións procurando un presente
que foi, que será, mais que non se produce,
un presente sen sitio no eterno cincento do chan,
nos eidos sementados de olvido.»
Martina Carracedo