IV día das Galegas nas letras

Patricia Janeiro & Unha carta de amor aos puntos suspensivos

Seguimos coas "Señoras das letras" neste caso Patricia Janeiro, outra (temos que dicilo) auténtica descoñecida para nosoutras.

A information da wikipendia é breve: nada en Compostela no ano 1978 é unha escritora galega. Tamén nos di que se licenciu en filoloxía inglesa na Universidade de Santiago de Compostela y que colaborou en diversas revistas como Novas da Galiza, Ariel, Arraiano ou Luzes, además de realizar traducciones para o Cineclub de Compostela. Dos moitos traballos que desenvolveu escolleo o de profesora de english e agora da class no ensino public.

A continuación pasa a enumerar as súas obras: Caixa de mistos, A perspectiva desde a porta, Manual básico de hostalaría, Rueiro da cidade escura.

Non vos podo dicir nada da súa obra porque como dixen acabo de coñecer esta muller, pero procurando por aí atopei unha carta que como docente escribio á Conselleira de educación durante a pasada pandemia. Este é o enlace:

https://luzes.gal/author/patricia-a-janeiro/

E xa para rematar pego este texto co que o colectivo A sega daba a coñecer a gañadora deste IV día das galegas nas letras, con este título tan rechamante:

"Unha carta de #amor aos puntos suspensivos:

Os puntos suspensivos empréganse para indicar a omisión dun texto nunha transcrición literal cando se produce ao principio ou ao final da cita” .

Esta é unha carta de amor aos puntos suspensivos.Dedicada a todas aquelas cuxos textos foron omitidos, cuxas transcricións literais non chegaron ao final da cita. A todas aquelas que tiveron que padecer que mentres uns atopan os recoñecementos, o lugar nos libros de texto ou os máis altos honores cunha ou dúas obras publicadas, outras escapen polos mesmos motivos ata dos andeis das librarías, xa non digamos a atención da crítica, o canon e a fama literaria.

Se a omisión se produce no medio do texto, os puntos suspensivos van encerrados entre corchetes [...] ou entre parénteses (...), con preferencia para os primeiros, para evitar que o lector pense que os puntos suspensivos forman parte do texto orixinal.

Esta é unha carta de amor aos puntos suspensivos:

Dedicada a todas as que nos aparecedes tronzadas, deturpadas, feitas obra incompleta, resto antolóxico, palabra silenciada. Ás que vivides a creación literaria como unha enorme paréntese entre a primeira obra (…) e aquela que poderá ser o non, quen sabe. Porque encontrades pedras […] no camiño das que ninguén se responsabiliza, mas que eis as están, á nosa vista.

Cando non se desexa concluír unha enumeración, pode optarse quer polo uso da abreviatura etc. quer polos puntos suspensivos”...

Poñemos nosoutras estes puntos suspensivos para indicarvos que o texto aínda continúa e podedes lelo completo picando no enlace seguinte:

IV Día das Galegas nas Letras: Unha carta de amor aos puntos suspensivos
Unha carta de amor aos puntos suspensivos MANIFESTO D’A SEGA NO IV DÍA DAS GALEGAS NAS LETRAS “ Os puntos suspensivos emprégans...

Martina Carracedo

Mostrar comentarios