libro deSexo & Que é o Fenimismo? & 25N sempre!
Escribín o meu libro deSexo:http://leer.la/B0839GHS4J no sentido de reinvindicar o #dereito# das #mulleres# a falar/escribir/vivir este tema en #liberdade#. El anda o seu camiño e cadaquen interpretao o seu xeito.
Todas as críticas que me chegaron, curiosamente, foron de homes, o que confirma que é un tema do que as mulleres inda non nos atrevemos a falar abertamente. Pero o que ía, un deses homes entre outras cousas fixo esta afirmación:
“Non é un libro #feminista#”
Disto xa vai aló un tempiño, mais como estamos achegándonos ó día 25 de novembro, quero adicar estes días a este tema precisamente: O #feminismo#, do que confeso son unha devota absolutamente iñorante, pero isto vai mudar axiña, xa merquei este #libro# “Feminismo pra principiantes” e penso que lle van seguir moitos outros. Ben, este comentario bule na miña cabeza, e a pregunta a facer é: Que cousa é o feminismo?
O diccionario da Real Academia Galega é breve na súa descrición:
”Doutrina que defende a igualdade de dereitos entre o home e a muller.”
Como esta definición no me aquelou, procurei información noutras fontes, e esta que atopei no libro que vos dicía ”Feminismo para principiantes” de Nuria Varela, (SAU, Victoria, Diccionario ideológico feminista, vol. I, Icaria, Barcelona, 2000, pag, 121) gústoume bastante máis:
“El feminismo es un movimiento #social# y #político# que se inicia formalmente a finales del siglo XVIII y que supone la toma de #conciencia# de las mujeres como grupo o colectivo #humano#, de la #opresión#, #dominación# y #explotación# de que han sido objeto por parte del colectivo de varones en el seno del #patriarcado# bajo sus distintas fases históricas de modelo de producción, lo cual las mueve a la acción para la liberación de su #sexo# con todas las transformaciones de la sociedad que aquélla requiera”.
O suliñado e meu, porque me parece un punto importantísimo nesto do feminismo, coma en calquera outra cousa. Sempre o primeiro paso para arranxar, entender é tomar conciencia de que o problema existe.
Martina Carracedo