Escapados

Rematamos a lectura deste libro de Maria del Carmen Rey Núñez, que nos tivo entretidas un lote de días. Segundo fomos acompañando os protagonistas desta historia, aumentou o noso cariño por eles e conseguiron tirar de nosoutras cada vez con máis forza e con esa ansia que é o que…

Paula Carballeira.

Premio nacional de literatura dramàtica 2023 Onte tivemos un marabilloso regalo, un gozo inesperado, ou se cadra poida que sexan dous; primeiro, o de coñecer en persoa  esta muller, logo de tela visto moito nos medios ultimamente por ter acadado o premio antedito, pero o bocado mellor, o máis saboroso,…

Desvelamos os misterios

As que onte vos pasastes por aquí, xa sabades de que vai, e as que non invítovos a ler a publicación. O primeiro enigma que me tiña intrigada foi resolto polo sangue do meu sangue. Efectivamente cristina ese era o nome do refreso que eu tiña atascado na gorxa e…

Nosa señora das letras X. Aurora Marco

Si, sen dúbida ningunha, onte foi un gran día! A muller que vedes na foto é Aurora Marco, nomeada pola Sega como  Nosa señora das letras deste ano 2023, no momento de recibir un pequeno agasallo, porque o agasallo maior foise desenvolvendo ó longo de todo o día. Nesta páxina…

Vouvos facer un regalo

É algo que me gusta a min moito, iso de facer regalos intanxibles, impalpables, intocables,  non sei se as persoas que os reciben lles aquela ou se amosan agradecidos por non pareceren descorteses. Sexa como fór, neste caso vouvos regalar unhas cuantas palabras: gavela, cavorco, bulleiro, galla, fardelo, tareco, pandote.…

Aprender a amar aínda que non fósemos dabondo amadas.

Vou escribir algo hoxe, rompendo esta especie de retiro voluntario, porque se concatenaron un par de acontecementos, ou novas, ou cousas que pasan.... pois iso, que me apeteceu compartirvos. Unha delas, e non a primeira na sucesión temporal, foi atoparme con este libro na procura de algo para ler. Seguramente…

un home que (me) faga unha limpeza profunda do baño

Estaba eu por aí dando voltas na cociña, a radio sempre acesa. Cando digo radio, si, refírome a ese aparatiño que emite seica en forma de ondas, e en distintas frecuencias. Tiven que rescatar este compacto, que tamén ten lector de cintas e de CDs,  do faiado porque Siri marchou.…

Letras galegas 2023

Rosalía o "noso primeiro poeta universal". Pois veredes, rematei o libro que estaba lendo e pensei que como mañán é o día das Letras Galegas, pois coller algo da nosa insigne Rosalía de Castro a quen se lle debe a existencia desta data festeira das letras e collín, logo, esta…

Bailando

Os seus pés, embutidos neses espantosos tenis brancos, movénse torpemente e os sus brazos lembran os dun gorila, pero a súa face relaxada e os seus ollos pechados absorben máis que escoitan a música. Abre os ollos, mira para min e regálame un sorriso. Se cadra neste preciso instante a…

Identificando descoñecidas & Cenoura ou Cicuta?

Colgaba aquí hai uns días a primeira das fotos para ver se alguén a identificaba, e pensando que eu mais ou menos tiña claro de quen se traba a susodita, mais resultou que non, e  mesmo  podería ser atá  a famosa cicuta que rematou coa vida de Sócrates. Aí o…