Vouvos facer un regalo

É algo que me gusta a min moito, iso de facer regalos intanxibles, impalpables, intocables,  non sei se as persoas que os reciben lles aquela ou se amosan agradecidos por non pareceren descorteses. Sexa como fór, neste caso vouvos regalar unhas cuantas palabras: gavela, cavorco, bulleiro, galla, fardelo, tareco, pandote.…

Aprender a amar aínda que non fósemos dabondo amadas.

Vou escribir algo hoxe, rompendo esta especie de retiro voluntario, porque se concatenaron un par de acontecementos, ou novas, ou cousas que pasan.... pois iso, que me apeteceu compartirvos. Unha delas, e non a primeira na sucesión temporal, foi atoparme con este libro na procura de algo para ler. Seguramente…

un home que (me) faga unha limpeza profunda do baño

Estaba eu por aí dando voltas na cociña, a radio sempre acesa. Cando digo radio, si, refírome a ese aparatiño que emite seica en forma de ondas, e en distintas frecuencias. Tiven que rescatar este compacto, que tamén ten lector de cintas e de CDs,  do faiado porque Siri marchou.…

Letras galegas 2023

Rosalía o "noso primeiro poeta universal". Pois veredes, rematei o libro que estaba lendo e pensei que como mañán é o día das Letras Galegas, pois coller algo da nosa insigne Rosalía de Castro a quen se lle debe a existencia desta data festeira das letras e collín, logo, esta…

Bailando

Os seus pés, embutidos neses espantosos tenis brancos, movénse torpemente e os sus brazos lembran os dun gorila, pero a súa face relaxada e os seus ollos pechados absorben máis que escoitan a música. Abre os ollos, mira para min e regálame un sorriso. Se cadra neste preciso instante a…

Identificando descoñecidas & Cenoura ou Cicuta?

Colgaba aquí hai uns días a primeira das fotos para ver se alguén a identificaba, e pensando que eu mais ou menos tiña claro de quen se traba a susodita, mais resultou que non, e  mesmo  podería ser atá  a famosa cicuta que rematou coa vida de Sócrates. Aí o…

Feliz día do libro 2023

Moi feliz día do Libro. Para festexar esta data tan importante para as amantes dos #libros vouvos compartir a miña historia con este.Tocaba lelo no meu club de lectura polo que me dirixín á biblioteca do pobo por se o tiñan. Detrás da mampara de cristal, que lembra a…

Resolevendo o misterio das letras & Un pequeno texo dos Mill.

Stuart Mill e Harriet TaylorNa última entrada, do pasado venres, que encabezaba unha foto do abecedario (que levou a confusión) máis adiante avanzando  no texto, compartía  o resultado da procura no diccionario da palabra; #amiga. E eu preguntaba se algo vos chamaba a atención, ou vos resultaba estrano. Parece que…

San Valentín & Lupercais & O #entroido galego

Non temos, nosoutras, nada contra o #AmorRomántico, entendido como ese comportamento, agarimoso, detallista, coidadoso, coa persoa ou persoas que son importantes para cadaquén. Xa temos algo máis en contra do circo consumista que se monta darredor desta data coma doutras moitas, pero é o que hai. Imos ver, de onde…

Olimpia Valencia/ A xinecóloga roxa

Seica onte foi o día da ciencia (creo) máis todos os días son bos para reinvindicar a mulleres sobresaintes na ciencia ou no que sexa, e  que por desgracia para a maioría de nosoutras son descoñecidas. De entre todas as moitas que podería achegar, elixin estoutra Olimpia que tivo máis…